Camino Galindra 16, Castrelos
Edificio Monte da Mina
36213 VIGO
607 200 429
986 164 307

Noticias y eventos

03/03/2018A NOVATADA

PLAZA ELIPTICA , VIGO

A Novatada pretende iniciar a aqueles nenos e nenas na cultura urbana, concretamente no breakdance e no hip hop. Preparamos para eles un campionato de batallas, enriquecéndoo cunha mostra de coreografías e jam. A asistencia do público é gratuíta. Temos moitas ganas de ver ás novas xeracións, ti non?

A asociación sen ánimo de lucro Rúas Baixas estreámonos nun evento de danzas urbanas novel en Vigo: A Novatada.

A Novatada pretende iniciar a aqueles nenos e nenas na cultura urbana, concretamente no breakdance e no hip hop. Preparamos para eles un campionato de batallas, enriquecéndoo cunha mostra de coreografías e jam.

Acóllenos a Praza Elíptica (Vigo) o sábado 3 de marzo. Os horarios:
- 11:30 Confirmación da inscrición e jam. A bailar nos corros!
- 12:30 Mostra de coreografías das escolas participantes
- 16:00 Comezo das batallas

Quen se pode inscribir e cales son as condicións?
Ao ser un evento de formato novel, poden presentarse rapaces e rapazas entre 5 e 15 anos que estean comezando neste mundo. O formato de batalla será por equipos, en hip hop grupos de ata 6 persoas e en breakdance un máximo de 10 persoas. As idades poden ir mesturadas.

Os xuíces seremos os bailaríns e bailarinas da Asociación, rotándonos entre nós. Para fomentar a obxectividade, un profesor ou profesora non pode xulgar a unha crew á que lle imparta clase.

Na mesa, DJ Pol porá os máis clásicos e fará moverse tanto rapaces coma nais e pais.

Hai un número limitado de inscricións, 16 por categoría, polo que bule se inda non estás dentro! Para facelo, manda un correo a ruasbaixas@gmail.com cós seguintes datos: nome da escola participante; nome da crew; modalidade na que se presentan; mandar a canción da mostra coreográfica (se a fan) en wav ou mp3; e nome da profesora ou profesor. Esta inscrición é de 2€ e será pagado conxuntamente por aquela mestra ou mestre correspondente. Os pagos non serán individuais para axilizar e facilitar a labor da administración.

A asistencia do público é gratuíta.

Se tes algunha dúbida contacta con nós!

Temos moitas ganas de ver ás novas xeracións, ti non?

A NOVATADA